A Estrada Dixital oferta dez cursos de formación «on line» gratuitos
Mediante a modalidade de e-learning e a través do programa “A Estrada Dixital”, vanse ofertar cursos de formación online.
Máis información: http://www.aestradadixital.org
Add comment Outubro 4, 2006
España ten menos ordenadores con Internet por alumno cá media europea
España ten menos ordenadores con acceso a Internet por cada 100 alumnos cá media da UE (8,5 frente a 9,9), pero as escolas españolas con conexión de banda ancha superan á media comunitaria (81% frente al 67%).
Fonte: Noticiasdot.com
Add comment Outubro 3, 2006
Monográfico sobre formación Virtual en Educaweb
O último número do portal de Internet EDUCAWEB, trata nun monográfico a Educación Virtual.
Máis información:
http://www.educaweb.com/esp/servicios/monografico/formacionvirtual2006/
Add comment Outubro 3, 2006
Aplicacións informáticas para a telerehabilitación cognitiva de persoas maiores.
Discognitios é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Investigación Desenvolvemento e Innovación que están a levar a cabo o Grupo de investigación en Xerontoloxía da Universidade de A Coruña e a área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia.
Dentro do marco deste proxecto, que se está a desenvolver entre os anos 2004 e 2007, e que ten como principal obxectivo desenvolver unha ferramenta de teleestimulación cognitiva que permita levar ós domicilios das persoas maiores diferentes contidos no ámbito da estimulación cognitiva, elaborouse unha plataforma na que se poden buscar aplicacións informáticas dirixidas a persoas maiores que presenten alteracións na súas capacidades mentais superiores entre as que destacan a orientación, a memoria, a percepción, a linguaxe ou o cálculo. Tamén son potenciais usuarios desta plataforma aqueles maiores que presenten perdida de memoria asociada á idade.
Para a elaboración desta base de datos, avaliáronse máis de cento cincuenta aplicacións, atendendo tanto ó grao e ó tipo de deterioro cognitivo así como ó grao de accesibilidade dos potenciais usuarios, as persoas maiores.
Posteriormente, e para validar a aplicabilidade destes programas, realizouse un traballo de campo con un grupo piloto de persoas maiores, que utilizaron aquelas actividades que foron mellor valoradas na fase de avaliación.
Nesta aplicación online, que se pode consultar na URL http://lembra.cesga.es, ademáis de ofrecer as aplicacións adaptadas a cada persoa en función do tipo de deterioro cognitivo que presente, tamén proporciona información a aqueles profesionais da xerontoloxía que queiran ampliar os seus coñecementos neste campo de estudio, facilitando información sobre programas informáticos que permiten o deseño e desenvolvemento de aplicacións para a rehabilitación cognitiva, así como plataformas para a telerehabilitación cognitiva.
Para máis información envíe un e-mail a e-learning@cesga.es
Fonte: CESGA.
Add comment Outubro 3, 2006
Aplicacións open source para Windows
O proxecto OSSWIN acércanos aplicación Open Source para o Sistema Operativo Windows.
Add comment Setembro 27, 2006
E-Avaliación
O último número da revista RED da Universidade de Murcia acaba de publicar un Monográfico sobre a avaliación en entornos virtuais de formación que se pode consultar na seguinte URL: http://www.um.es/ead/red/M6/
Add comment Setembro 26, 2006
Manual de Gimp
Nesta ligazón pódese consultar un completo titorial de Gimp (GNU Image Manipulation Program), un programa de deseño gráfico Open Source.
Add comment Setembro 26, 2006
Nova versión de dot.LRN
O sistema de xestión da aprendizaxe do MIT, dot.LRN, acaba de sacar a versión 2.2.0.
Máis información na páxina oficial de dot.LRN.
Add comment Setembro 22, 2006
StarOffice 8 Gratuito
Sun decidiu ofrecer de balde o seu paquete ofimático StarOffice 8.
Add comment Setembro 22, 2006
O ensino secundario para adultos poderá cursarse online en Andalucía
O ensino secundario para adultos poderá cursarse este curso online a través de internet, nunha iniciativa que se desenvolve con carácter experimental e que ten como Centro de referencia para toda Andalucía o Instituto Provincial de Formación de Adultos de Xaén.
Fonte: La Flecha.
Add comment Setembro 20, 2006